O Club Atlética A Silva-Ordes fixo públicas hoxe informacións sobre os seus logros durante o presente mes de xuño, Así, sinalaron que en Pamplona se desputou o 4 de xuño o ascenso á primeira división nacional de atletismo por equipos. Participou o atleta ordense Pedro Pose, que aínda que corre coa camiseta do Atletismo Santiago está vencellado ao clube de Ordes, onde adestra con Pablo Rodríguez. O equipo non acadou o tirunfo, pero Pedro Pose fixo un relevo 4x100 que lles permitiu ser segundos na proba. O Santiago non conseguiu o ascenso por sexto ano consecutivo.
Pola súa banda, a atleta Alma Bella conseguiu por segunda vez participar no triatlón nacional de 80 metros lisos, 80 metros valados e lanzamento de peso. A proba tivo lugar en León, e a atleta conseguiu a sexta posición nun enfrontamento moi intenso. Conseguiu a súa mellor marca en 80 metros valados.
O 3 de xuño, a Coruña acolleu a proba internacional de marcha. Icía Ares proclamouse segunda da categoría Sub16, cunha marca persoal de 16:01. O Atlética A Silva-Ordes indica que a actuación foi "soberbia".
O 4 de xuño tivo lugar en en Vigo o campeonato máster individual no que a entidade contaba con 5 atletas inscritos. Todos recolleron os froitos dun gran campionato a nivel persoal.Basi proclamouse campión en xavelina e en 200 metros lisos M50, con récord galego no dobre héctometro nun rexistro de 24.74, que para o club representa unha "impresionante actuación". Pola súa parte Bello, en pértega e en peso, logrou proclamarse campión despois do seu regreso a competición tras un retiro de meses por lesións.
Almudí acadou en Vigo dobre triunfo nos dous martelos, pesado e estándar, na categoría de M45. Elena logrou a medalla máis querida por todos, un ouro en peso W35. Bronce en peso pero noutra categoría distinta foi Carlos Vera, en M55. Tamén estivo fóra de combate uns meses por lesións. En total, os másters do club suman 8 medallas nesta proba de 2023, no que consideran unha fantástica actuación.
No campionato galego de sub14 por equipos do 11 de xuño en Vigo, o club conseguiu clasificarse para desputar o sub14 por equipos feminino. As atletas conseguiron unha honrosa oitava posición, destacándose en 150 metros e xavelina, con primeiro posto. Tamén acadaron o segundo lugar na proba de peso e o terceiro en lonxitude. "Foi unha actuación sólida e mostraron o seu talento e esforzo en cada competición", afirman dende o club, reclamándose "orgullosos do seu desempeño e dedicación".
O mesmo día e na mesma cidade tivo lugar o Campionato máster por equipos. O equipo masculino logrou unha sexta posición e o feminino unha quinta. Houbo notorias baixas
nos dous equipos que reduciron as posibilidade dunha mellor posición.
Comments