Unha trinta de veciños de Frades realizaron a cuarta etapa do Camiño Portugués, percorrendo os 15 km entre Oia e Baiona. O Concello informa de que a próxima etapa aínda non ten data fixa, se ben xa se sabe que será un sábado e que o custo continuará a ser 10 euros por persoa. As inscricións serán no Concello de Frades ou no 981 695 567.
Esta iniciativa municipal naceu en 2017 e permitiu a ducias de veciñas e veci´ños coñecer o tramo galego do Camiño Francés, o de Fisterra, o Fisterra-Muxía, a Vía da Prata e o Camiño Inglés. Este ano 2023 comezouse co Camiño Portugués.
コメント