Unión por Ordes quere dotar de medidadores de CO2 os espazos públicos pechados para evitar a propagación do coronavirus a través de aerosois. Ese é o sentido do rogo que presentaron no rexistro municipal o pasado día 22.
Dende o partido local recordan que "unha das recomendacións máis repetidas polas autoridades sanitarias para reducir os contaxios de coronavirus no interior de establecementos públicos é unha boa ventilación dos locais". Neste sentido, "os medidores de CO2 poden servir para evitar a propagación do virus por aerosois en lugares cerrados". A alta concentración de CO2 nun lugar pechado pode indicar se necesita maior ventilación.
Manuel Iglesias, portavoz desta formación política ,afirma que “agardamos que o alcalde de Ordes “contemple” esta medida preventiva proposta por esta formación política o máis axiña posible e non espere meses para adoptala como sucedeu coa medida preventiva para evitar contaxios na máquina da O.R.A, proposta por Unión por Ordes en agosto, volta a solicitar no pleno ordinario de novembro e adoptada polo goberno municipal en días recentes”.
Commentaires