O Concello de Trazo anunciou que a localidade xa conta cunha pista de pádel cuberta. sta obra realizouse ao abeiro da Orde para a creación e mellora de infraestruturas de uso municipal e contou cunha achega de 40.000€ por parte da Xunta de Galicia. A pista abrirase ao público unha vez rematados os traballos de acondicionamento da zona e os trámites para a xestión do seu uso por parte da veciñanza.
O pasado xoves, Natalia Prieto, directora xeral de Administración Local, visitou a nova infraestrutura que dá resposta a unha importante demanda veciñal ao tempo que permite aproveitar o espazo da contorna da piscina municipal.
Comentários