A área de Deportes do Concello de Tordoia organiza, co control técnico da Federación Galega Atletismo, a XI Carreira Popular Pedestre "Tordoia in Essence" e a Andaina Popular 2021. Será este sábado, 9 de outubro, a partir das 16:30 horas. A saída será do campo da festa de Cabaleiros, en Seixán.
Haberá categoría Pitufo, Prebenxamín, sub 10, sub 12, sub 14, sub 16, sub 18, Senior, Máster 1, Máster 2 e Máster 3 na carreira. Pola súa banda, a andaina, para todas as idades, celebrarase a partir das 17:20 horas e transcorrerá por unha ruta de 6,850 quilómetros. A entrega de premios será ás 19.30 horas.
O regulamento pode consultarse online.
Comments