O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, reuniuse no día de onte, luns 29 de agosto, co Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. O obxecto da xuntanza foi abordar varios asuntos de interese para o concello. Entre estes temas atopábanse a creación de varias sendas ciclistas e peonís, o Plan Especial Urbanístico do Lago das Encrobas (Meirama), o futuro aproveitamento de actividades industriais para dotar de subministro de auga á urbanización do Xalo ou a ampliación dos servizos de telecomunicacións no eido rural a través do Plan de Modernización Tecnolóxica.
top of page
Buscar
Entradas recientes
Ver todobottom of page
Comments