top of page

Renovación de pavimentos en Sigüeiro



Entre hoxe e o mércores, a Concellaría de Obras de Oroso leva a cabo obras de renovación do pavimento en varias rúas do casco urbano de Sigüeiro. Esta actuación enmárcase dentro do plan integral de mellora e renovación dos servizos e infraestruturas municipais, tanto no centro urbano como nas parroquias. Renovarase o firme deteriorado das rúas para incrementar a seguridade de vehículos e peóns.

Os traballos incluirán a praza Isaac Díaz Pardo, rúa Río Lenguelle, rúa da Cultura, rúa Tambre, rúa Batalla, rúa do Portiño e a zona da praza de Alexandre Bóveda. O Concello pide desculpas polas molestias que poidan ocasionarse e solicita a colaboración veciñal para que os traballos se desenvolvan minimizando o impacto sobre a vida cotiá.



Comments


bottom of page