Neste ano 2022 estase a conmemorar o bicentenario do nacemento en Betanzos de Antolín Faraldo, un dos pais da Revolución de 1846 que rematou co fusilamento dos coñecidos como Mártires de Carral e moi vinculado á "Batalla de Sigüeiro", librada entre o 8 e o 13 de abril de 1846.
Por mor desta efeméride, a editora Alvarellos, xunto coa Deputación da Coruña, publicou o libro “Querida liberdade. Vida e obra dun precursor do Rexurdimento”, do que é autor Xurxo Martínez.
Esta semana, o Centro Cultural Fernando Casas Novoa acolleu a presentación deste libro, na que interviñeron, ademais do autor, Xurxo Martínez, o editor, Henrique Alvallellos, o deputado provincial de Patrimonio, Xosé L. Penas, e a concelleira de Mulleres, Ensino e Benestar Social e Normalización Lingüística, Isabel Fernández.
Comments