O portavoz do Grupo Socialista no Congreso dos Deputados e exlehendakari vasco, Patxi López, compartiu nas súas redes sociais un vídeo de apoio ao candidato do PSOE á alcaldía de Frades, Enrique Astray. "Xa está ben de políticas de dereitas", considera López, que reclama "un equipo socialista e un alcalde da xente que abra o concello aos veciños e veciñas". "Necesitamos transformar Frades e para iso non hai nada mellor que a papeleta do puño e da rosa", engade o portavoz, sinalando que Enrique Astray "ten paixón por Frades e pola súa xente".
top of page
bottom of page
Comments