top of page

Os socialistas propoñen instalar un parque cuberto en Sigüeiro no vindeiro mandato



O socialista Luis Rey prometeu hoxe que, no caso de revalidar a alcaldía de Oroso, construír no mandato 2023-2027 un novo parque infantil cuberto en Sigüeiro. Deste modo, poderá ser utilizado independentemente do tempo. O alcalde da localidade consider "bastante masificados" os parques dispoñibles hoxe en día, considerando "urxente" habilitar novas zonas de recreo.


O proxecto contempla un parque cunha gran pérgola que protexa do sol e da chuvia, que podería custar uns 18.000 euros. De momento non hai ubicación definitiva, se ben a idea é instalar o parque en zona céntrica.O candidato e alcalde asegura que esta iniciativa xorde do contacto coas familias e da aposta pola humanización do núcleo urbano de Sigüeiro.




Comments


bottom of page