O Concello de Oroso anunciou o horario do percorrido dos Reis Magos polo municipio. Estarán no local social de Marzoa ás 9:30h o venres 5. Despois, ás 10h, visitarán o Bar Carnota nos Ánxeles. Media hora despois estarán no local social de Senra, e ás 11h no de Cardama. Ás 11:30h chegarán ao campo de golf de Porto Avieira, e ás 12 do mediodía ao Bar Fernández de San Tomé.
Media hora despois, ás 12:30h, estarán no local social de Oroso, antes de ir ao de Deixebre onde chegarán ás 13h. Ás 13:30h visitarán o local social de Trasmonte e, finalmente, estarán na Cantina de Oroso ás 14h.
Pola tarde, a Gran Cabalgata percorrerá Sigüeiro, partindo ás 18h da rúa do Portiño e rematando na Alameda de Góis.
Comentários