O Concello de Oroso é o segundo concello de Galicia, logo de Ames, por porcentaxe de orzamento municipal que dedica a gasto educativo, tal e como se desprende do mapa de gasto municipal en toda España elaborado polo xornal El País. Oroso dedica un 13,24% do seu orzamento a este tipo de gastos, o que representa unha media de 420,60 euros por alumno ao ano. Os datos extráense das liquidacións orzamentarias dos exercicios 2020 e 2021 que lle constan ao Ministerio de Facenda.
En termos absolutos, Cerceda dedica algo máis (431,64 euros) de media de gasto por alumno, sendo o concello da comarca que máis gasta neste ámbito, se ben para o seu orzamento representa un 4,53%. Na comarca de Ordes segue o propio Ordes, que destina o 5,22% do seu orzamento a educación cun gasto de 185,82 euros por alumno ao ano. En Tordoia son 431,64 euros e un 4,53% do orzamento, e 275,79 euros -3,56% do orzamento municipal- en Mesía. No mapa non constan os datos de Trazo nin de Frades.
Comentários