top of page

Oroso recoñecerá coa súa insignia de ouro á agrupación de Protección Civil



O Concello de Oroso celebra este sábado o acto de entrega da súa Insignia de Ouro á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oroso.O concello recoñece con esta distinción a súa excepcional implicación e o traballo incansable realizado durante a pandemia da COVID-19.


Desde marzo de 2020, Protección Civil de Oroso foi parte fundamental de todas as medidas postas en marcha polo concello para axudar na pandemia aos colectivos máis vulnerables ou desinfectar os espazos públicos.

“Estiveron na primeira liña nunha situación moi complicada e con moitos medos e dúbidas na sociedade, pero en ningún momento deixaron de cumprir, polo que estamos en débeda con eles”, asegura o alcalde, Luis Rey Villaverde.

O acto será ás 12.30 horas na Carpa Municipal (Alameda de Gois). Debido ás restricións de aforo, é necesario confirmar asistencia no teléfono 981 691478 ou no enderezo info@oroso.gal

Comments


bottom of page