top of page

Oroso mellorará redes viarias en seis puntos do rural

Esta semana comezou a executarse un proxecto de mellora da rede viaria en seis lugares do rural, no que o Concello de Oroso investirá máis de 74.000 euros. As obras comezaron na pista que comunica os lugares de Ventosa e Cardama, na parroquia de Cardama, e continuarán nos vindeiros días nos lugares de San Román de Abaixo (Pasarelos), Cabanas e Sar (Os Ánxeles), Oroso Pequeno (A Gándara) e O Barral (Vilarromarís).



Comments


bottom of page