top of page

Oroso acolle a exposición ‘O Pacto Verde Europeo’


O Concello de Oroso acolle desde onte, na praza Isaac Díaz Pardo, a exposición ‘O Pacto Verde Europeo’, organizada pola Deputación da Coruña. Na presentación da mesma, o deputado provincial e concelleiro en Oroso, Antonio Leira, destacou “a importancia de loitar por unha Europa sostible na que a coidado medioambiental sexa unha prioridade”.


Pola súa parte, Luis Rey, no seu primeiro acto como alcalde de Oroso, agradeceu á Deputación a decisión de traer ao concello a mostra, “que serve para concienciar sobre a importancia do uso eficiente dos recursos”.


En concreto, o Pacto Verde Europeo establece un plan de acción para impulsar un uso eficiente dos recursos mediante o paso a unha economía limpa e circular, restaurando a biodiversidade e reducindo a contaminación.


A mostra describe os piares do Pacto, así como as claves para garantizar unha transición xusta e inclusiva.




Comments


bottom of page