Antonio Morán, membro da executiva local dos socialistas de Ordes, sinalou onte que é necesaria a construción dun heliporto próximo ao centro de saúde do municipio. Os socialistas reiteran así esta reclamación que fan dende 2017, para evitar que as aterraxes de emerxencia teñan que seguir levándose a cabo no campo de fútbol. Hai poucos días un helicóptero tivo que aterrar na parcela utilizada como estacionamento próxima ao Centro de Saúde.
O representante dos socialistas sinala que "é unha cuestión de vontade" e que, malia que non puidese adaptarse o teito do propio Centro de Saúde para construír a pista, os socialistas avogan por unha área anexa sobre columnas ligada ao centro médico por unha pasarela, como sucede no CHUS compostelán.
Comments