top of page

O proxecto Eurolibrary chega mañá a Oroso


As autocaravanas do proxecto internacional "Eurolibrary" chegan mañá a Oroso para vivir unha xornada chea de actividades. Nesta iniciativa de intercambio xuvenil están a participar 24 mozos e mozas procedentes de Grecia, Bulgaria, Holanda e diferentes puntos de España, facendo o Camiño Inglés en autocaravanas.


Coincidindo coa súa chegada a Sigüeiro desenvolverán diferentes actividades entre as 11h e as 19h diante da Casa do Concello. Estas incluirán unha biblioteca humana, un espazo no que, usando a metáfora dunha biblioteca, compartirán historias de peregrinaxe e voluntariado en conversacións un a un, coa finalidade de promover a experiencia de viaxar e coñecer outras culturas.


Tamén haberá presentacións para falar dos programas de mobilidade que a Unión Europea ofrece á mocidade. Levarase a cabo unha plantación de árbores autóctonas no Parque do Carboeiro (13h), no marco da iniciativa Unha árbore por Europa.


A mediodía haberá un xantar popular desde as 14h para confraternizar entre a veciñanza, voluntarios internacionais e peregrinos. Á tarde, terá lugar unha limpeza fluvial para a retirada de lixo do río Tambre (con saída desde o Concello ás 15.30h).


Por último, ás 19h arrincará a jam session con participación de artistas emerxentes de varios países. Será na praza do Concello.




コメント


bottom of page