top of page

O PP pide a gratuidade do tramo Sigüeiro-Santiago da AP-9


O PP de Oroso levará ao próximo Pleno municipal unha moción para que os Orzamentos Xerais do Estado (PXE) inclúan unha partida que libere de peaxe o tramo Sigüeiro-Santiago da AP-9. O portavoz popular, Alexander Doval, considera "desproporcionada" a cantidade que se cobra de peaxe -1,8 euros-, o que desincentiva o seu uso con menos de 800 vehículos ao mes-.


“Entendemos que a gratuidade deste tramo é imprescindible para aliviar o tráfico na N-550 e para mellorar as conexións cun punto tan importante como é polígono industrial”, defendeu Doval, quen reclamou a unión de todas as forzas políticas por un obxectivo “moi importante” para o desenvolvemento económico e social de Oroso.


Doval recordou que tanto PSOE como BNG teñen esixido no pasado esta mesma medida, polo que agarda que volvan apoiala e non "baixen do barco".



Comments


bottom of page