O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Oroso reclamou hoxe a través do seu portavoz, Alexander Doval, que o Goberno Local realice os traballos e xestións necesarias para poder iluminar os 5 pasos de peóns que están na N-550 ao seu paso polo núcleo urbano de Sigüeiro.
Os populares apuntan que se trata dunha vía con moitísimo tráfico e na que xa se produciron varios accidentes e atropelos. “A nosa proposta o único que pretende é mellorar a seguridade vial de peatóns e vehículos”, dixo Doval, quen explicou que as actuacións consistirían en iluminar, como xa están facendo en moitos concellos, os pasos de cebra dos tramos urbanos das nacionais.
“Serían un total de 5 pasos de cebra: diante da Pastelería Ébano, diante da Cafetería Viuda de Nouche, diante de Asia Sigüeiro, diante da Alameda de Góis e o que está situado antes da rotonda do Polígono de Sigüeiro”, explicou Doval, quen incidiu en que “é unha inversión pequena que consideramos podería ser moi beneficiosa para todos”.
Comments