top of page

O músico Baldomero Iglesias "Mero", proposto como Fillo Adoptivo de Mesía



A Asociación Cultural Obradoiro da História solicitará ao Concello de Mesía que o músico Baldomero Iglesias Dobarrio, "Mero", sexa nomeado fillo adoptivo da localidade. O veterano músico, que integrou conxuntos como Fuxan os Ventos ou A Quenlla, podería converterse así no primeiro fillo adoptivo do municipio. Dende a Asociación sinalan que o concello se mostrou "receptivo" a esta proposta, e que a solicitude será oficial despois do verán. "Mero", que ten desenvolto unha extensa traxectoria de defensa e dignificación da cultura galega, así como de recuperación e preservación da tradición oral e musical, é veciño da parroquia de Xanceda.


A Asociación solicita adhesións a esta campaña por parte de entidades e particulares. A data inicial para recibir avais será logo do 30 de setembro. A comunicación recibida remitirase xunto coa solicitude de concesión da mención honorífica no Concello.


コメント


bottom of page