top of page

O Concello de Oroso súmase ás reivindicacións das persoas con DCA e familiares


Desde o Concello de Oroso quixeron sumarse hoxe, 26 de outubro, á conmemoración do Día do Dano Cerebral Adquirido. Para amosar o seu apoio e sensibilizar á cidadanía sobre a realidade das persoas que padecen esta doenza, o alcalde, Luis Rey Villarvede, asistiu esta mañá en Santiago á lectura do manifesto da Asociación Sarela de Dano Cerebral Adquirido. Oroso súmase á iniciativa iluminando a Casa do Concello de cor azul ata esta medianoite.

Comentarios


bottom of page