top of page

O Concello de Oroso convoca unha nova edición do certame para estudantes ‘Escríbelle unha carta a…’



O Concello de Oroso anunciou hoxe a convocatoria dunha nova edición do certame para estudantes ‘Escríbelle unha carta a…’. Nesta edición o destinatario será o arcebispo de York Walter de Grey, quen pasou polo que hoxe é Oroso camiño de Santiago en 1222. Isto é, hai xusto 800 anos.


Así llelo comunicou o concelleiro de Turismo, Antonio Leira, aos equipos directivos dos centros educativos, cos que mantivo esta mañá reunións para presentarlles o concurso e entregarlles unha unidade didáctica referida a Walter de Gray.

Xa se fixeran unidades didácticas e concursos en anos pasados cando se conmemorou o paso por Sigüeiro de Margery Kempe, János Zádori, Heinrich S. von Zug e Cosme de Medicis.

“É unha forma de que os rapaces e rapazas coñezan a historia da personaxe, como xa fixemos outros anos, e de que sepan máis cousas do Camiño Inglés”, sostén Leira, que agradece a colaboración e implicación da comunidade educativa.

Oroso é cada día máis coñecido polo seu papel na revitalización do Camiño Inglés e no municipio está único centro de mundo adicado ao estudo deste sendeiro medieval, que procedía da Coruña e Ferrol para rematar en Compostela: o CEICI (Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés).

Comments


bottom of page