Despois de moitos meses de xestións e demandas ante a Consellería de Sanidade, o centro de saúde de Oroso contará desde o próximo martes cun novo facultativo. Este reforzo é fundamental para mellorar o servizo, tendo en conta a presión asistencial e o numero de veciños e veciñas de Oroso.
O concello amosa a súa satisfacción, pero seguirá demandando outros reforzos moi necesarios, como un servizo de matrona e un traballador social. Ademais, despois da pandemia o Concello de Oroso insistirá ante a Xunta na súa demanda de que o centro de saúde poida abrir tamén polas tardes.
Comments