O club ordense de taekwondo Boudsport volveu ratificar o seu excelente estado de forma no Open do Lérez 2022, onde acadou un total de once medallas (seis de ouro, unha de prata e catro de bronce). Esta proba é a primeira do ranking galego 2022/23 para conformar a selección galega que compite en campionatos españois.
Os ouros foron para Alba Figueira Marzoa, Noelia Juncal Marzoa, Luana Jaku del Río, Alba Rey Franqueira, Mateo Boudjenane Liñares e Pablo Figueira Marzoa. Pola súa banda, Hugo Calviño Ferreiro conseguiu a medalla de prata.
As catro medallas de bronce recoñeceron o desempeño de Venus Vilaseco Ogala, Manuel Figueira Liñares, Zef Jaku del Río e Abril Viqueira Pose.
Comentários