top of page

O BNG de Ordes denuncia que o Concello incumpre a xestión da biomasa nas súas parcelas


As mocións de urxencia presentadas polo BNG no pleno municipal de Ordes do xoves 28 de outubro non foron debatidas debido ao voto en contra á urxencia das mesmas por parte do PP. As mocións facían referencia á antiga estación da Pontraga e mais á rebaixa do IBI para o ano 2022.


Dende o BNG aseguran que "o alcalde tivo unha actitude moi agresiva co portavoz do BNG de Ordes, impedindo o dereito a réplica “a pesares das continuas faltas de respecto e alusións persoais efectuadas”. Para o portavoz local, Pablo Vidal, isto demostra o "nerviosismo" do alcalde "que tenn pavoe ao debae coa alternativa ao seu goberno". Os nacionalistas denuncian que ao negarse á rebaixa do IBI, o Concello responde "á necesidade de recadar para pagar uns salarios de goberno desorbitados, para nada acordes coa xestión e cos servizos ofertados á veciñanza”.

Por outra banda, o BNG denunciou que o goberno municipal se dedique a “acusar á veciñanza de incumprir a xestión da biomasa nas súas parcelas, cando é o primeiro en eludir dita obriga”.


Os nacionalistas puxeron como exemplo a parcela do concello existente nas proximidades do polígono industrial de Merelle, a cal segundo manifestan, “atópase nun estado de total abandono, que supón unha completa ameaza ante incendios forestais”.


A este respecto, o portavoz do BNG de Ordes, Pablo Vidal, lembrou que “a maiores, nas últimas datas, estanse a depositar os restos das podas efectuadas nos plataneiros da vila, incrementando o risco asociado”.

Vidal considera lamentable que o alcalde “se dedique a denunciar á veciñanza, mentres que, coa súa xestión, é incapaz de dar exemplo á veciñanza mantendo nunhas mínimas condicións de limpeza os predios municipais”.


Comments


bottom of page