Unha muller morreu esta tarde despois de ser atropelada na autoestrada AP-9, á altura da área de servizo de Ameixeira. Fontes do 112 e do 061 sinalaron que o atropelo tivo lugar pasadas as 14:40 preto do quilómetro 39 da AP-9 en sentido Santiago.
Unha ambulancia que se trasladou dende Ordes e o helicóptero medicalizado de Santiago non puideron evitar o falecemento da muller. O tráfico cortouse para a aterraxe da aeronave. Só se puido confirmar o óbito debido a múltiplos traumatismos.
Comments