O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez; os concelleiros Francisco Boquete e Ángel Gestal, e o delegado territorial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor, visitaron onte á mañá o resultado dos traballos na AC-523, onde se acometeron fresados nos treitos que transcorren entre os municipios de Laracha e Cerceda, con reposicións do firme de 5 centímetros, ademais dunha nova capa de rodadura en todo o ancho da calzada.
As intervencións, enmarcadas no Plan de reforzos do firme impulsados polo goberno autonómico, consisten na rehabilitación da capa de rodadura nos treitos das estradas que presentan maior deterioro.
O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, recibiu os traballos como “un importante resultado en materia de infraestruturas”, xa que esta estrada “é moi importante a nivel de comunicacións no noso muncipio”, advertiu.
Tamén subliñou a posibilidade de plantexar nun futuro algunha actuación estrutural, xa que é unha vía de moito tránsito, polo que “haberá que estudiar a viabilidade de contemplar, por exemplo, posibles desdobramentos."
Comments