top of page

María da Pontragha leva "Donas do lugar" o día 20 a Cardama (Oroso)


O pasado sábado, o local social de Deixebre acolleu as historias e os cantos de María da Pontragha co espectáculo "Donas do lugar". Dende o Concello de Oroso lembran que ofrecerá unha nova actuación o domingo 20 ás 18h no local social de Cardama.



María da Pontragha é o alcume de María Iglesias, unha educadora e antropóloga que dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en si. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose na recuperación e actualización das historias populares e de tradición oral e cun gusto especial polas historias que se centran nas mulleres do país. É ademais percusionista e vocalista nos grupos Bouba e Lévedo, e vocalista no grupo Sacha na horta.


Comments


bottom of page