O levantador de peso tordoiés Martín Liste proclamouse esta fin de semana campión de España absoluto no Nacional de Halterofilia na Coruña. Liste obtivo ademais o récord galego en arrincada con 146 kg. O campión lamentou que "non saíron as marcas desexadas nin reflectimos o duro traballo que levamos enriba, sobre todo polo dous tempos". Porén, agradeceu o apoio e o patrocinio e felicitou aos seus compañeiros.
top of page
bottom of page
Comments