top of page

Máis de de 1.500 persoas secundaron o Xanceda Market da Casa Grande



A Casa Grande de Xanceda vén de pechar a súa primeira edición do Xanceda Market. E faino logo dunha intensa fin de semana. O Xanceda Market era unha iniciativa concibida para vender o stock de iogur que quedou parado nos almacéns da granxa por mor da folga do transporte. O obxectivo era que as persoas mercasen directamente na granxa, con descontos e vivisen unha experiencia distinta.



Desde o sábado ás 10 da mañá o fluxo de persoas foi incesante e o domingo pechouse cunha cifra de 1500 asistentes durante a fin de semana. Moitas delas, familias con nenos que quixeron aproveitar a visita para que os peques puidesen desfrutar dos animais e dunha experiencia granxeira que incluía circuíto de tractores, prácticas de muxido ou o contacto con animais.



O obxectivo de mobilizar a mercancía quedou cumprido, pois vendeuse practicamente todo o produto e, ademais, os clientes animáronse a achegarse á Ecotenda a mercar outras referencias da marca como queixos ou mantequilla.

Desde a dirección de Casa Grande de Xanceda din sentirse “marabillados e moi agradecidos” pola acollida que tivo esta iniciativa. “Está claro que á xente gustoulle esta experiencia de mercar aquí na granxa e a experiencia que ofrecemos”, afirman.


Ante o éxito do Xanceda Market, desde a firma estudarán repetir esta acción noutras ocasións. O pouco produto que quedou nos almacéns de Casa Grande de Xanceda será doado a entidades sociais. Este tipo de accións fanse durante todo o ano na granxa pois teñen unha política de 0 desperdicio de alimentos




Comments


bottom of page