O Concello de Frades compartiu esta mañá nas súas redes sociais fotografías sobre o lamentable estado en que quedou este domingo unha das mesas da área recreativa Os Pasos de Aiazo. Dende a administracion local lembraron que "a todos os que usamos esta fermosa área recreativa nos gusta chegar e encontrar todo limpo e ordenado", e que "tanto a Asociación de veciños de Aiazo como os empregados do Concello de Frades esforzanse para que así sexa".
O Concello pide colaboración dos usuarios "para que todo quede limpo e ao día seguinte outras persoas o poidan disfrutar". Coidan que "son unha mínoria os que fan estas cousas" e agardan que "a próxima vez sexan un pouco mais respectuosos".
A publicación do Concello recibiu a resposta de varios seguidores en redes sociais lamentando o sucedido.
Yorumlar