top of page

Frades leva a pleno solicitar melloras na seguridade das estradas á Xunta e á Deputación



O Concello de Frades celebrará mañá, venres 9 de xullo, ás 13:30 horas, a súa sesión plenaria ordinaria do mes de xullo, que terá lugar no multiúsos. Debido ás novas condicións sanitarias, a sesión celebrarase cun aforo limitado de público de 15 persoas.


A orde do día inclúe, ademais da dación en conta de Decretos, a proposta de festivos locais do 2022. Tamén se debaterán dúas solicitudes relacionadas coa seguridade nas estradas. Nunha delas, o obxectivo é pedir á Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia melloras na seguridade viaria da estrada autonómica AC-524 ao seu paso polo municipio. Na outra, solicitarase o mesmo ao Departamento de Vías e Obras da Deputación no relativo ás estradas provinciais DP-P3801 e DP-3802 ao seu paso por Frades.




Comments


bottom of page