O Concello de Frades presentou hoxe o seu campamento municipal de Nadal, unha iniciativa dirixida á conciliación das familias. Dirixido a nenos e nenas en idade escolar, durará 8 días (23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro; e 4 e 5 de xaneiro) e desenvolverase no pavillón municipal de Ponte Carreira, en horario de 9:30 a 13:30 horas.
O prezo será de 15€ para empadroados, 10€ a partir do segundo irmán ou irmá e 25€ para non empadroados. As familias numerosas teñen un 50% de desconto.
As inscricións faranse antes do venres 18 chamando ao 981 695 567 ou 981 695 663.
Comments