top of page

Frades entrega a Cáritas os alimentos recollidos na campaña de Nadal



O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, fixo entrega aos representantes de Cáritas no municipio dos alimentos recollidos na Campaña de Nadal. Unha campaña que, por sétimo ano consecutivo, permitiu recoller alimentos básicos (leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas...) así como produtos do Nadal, todos eles debidamente etiquetados e que non teñan superada a data de consumo preferente.


Roberto Rey amosa “o noso total agradecemento a todas as persoas que colaboraron na campaña, así como aos distintos establecementos e entidades que colaboran cada ano nesta recollida solidaria coas familias máis necesitadas de Frades”, ao tempo que quixo ter “unha mención especial ao CPI de Ponte Carreira, que achegou varias caixas de leite”.


Este ano aumentaron os puntos de recollida coa incorporación da perruquería Patricia Tacón (Abellá), que se une aos supermercados Loli (Abellá) e Claudio e Tandy (Ponte Carreira), á Cooperativa Central de Frades, ao CPI Ponte Carreira e á propia Casa do Concello.

Comments


bottom of page