O presidente e a deputada e concelleira de Benestar Social da Coruña, Yoya Neira, visitaron na Coruña o colexio de Aspanaes con motivo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, o 2 de abril.
Formoso quixo subliñar "a sensibilidade e o compromiso da Deputación coas persoas usuarias de Aspanaes e as súas familias". "Todo o que fagamos é pouco, aínda que a nosa colaboración sexa permanente, por iso é fundamental que todas as institucións colaboremos para fomentar a inclusión social e laboral das persoas con TEA e prestar apoio ás familias", afirmou o presidente, que destacou que esta "non é labor dun día, senón dos 365 días do ano".
Aspanaes é unha das 273 entidades sociais que cada ano contan co apoio económico da Deputación. Nos últimos anos a entidade provincial contribuíu a financiar programas e terapias de fomento da autonomía persoal das persoas con TEA e entregoulle un novo vehículo adaptado para o transporte dos seus usurarios, entre outras actuacións.
Comments