Raúl Ríos Álvarez, antigo mestre no CPI de Viaño Pequeno e primeiro alcalde democrático de Trazo, escollido en 1979 á fronte dunha candidatura independente, vén de falecer, tal como anunciaron os socialistas da localidade. Dende o PSOE de Trazo agradécenlle todo o traballo realizado polos veciños e veciñas e trasladan o seu máis profundo pesar á súa familia e amizades.
A corporación municipal, en nome da veciñanza, tamén trasladou o máis sentido pésame á familia e achegados, así como recoñeceu o seuabor como rexedor e mestre.
Ríos Álvarez, nacido en 1946, volvería ocupar o cargo de alcalde tras gañar as municipais de 1983 e tras un conflito que incluíu peches veciñais na Casa do Concello e a intervención da Audiencia Territorial da Coruña. No 1984 entrou no PSdG-PSOE e volveu ser elixido alcalde nas municipais de 1987. Cesou en 1988 tras unha moción de censura.
Comments