top of page

Exceleite de Ouro para ganderías de Trazo e Frades

Os Premios Exceleite de Ouro entregáronse o pasado venres en Santiago de Compostela para recoñecer o proceso produtivo das explotacións leiteiras. Nesta sétima edición resultaron premiadas senllas ganderías da comarca de Ordes. Na categoría de gandería semiextensiva de gran tamaño, o premio foi para a Gandaría Casa Landeira de Oa de Trazo. Pola súa banda, o recoñecemento á Gandaría Intensiva de pequeno tamaño foi para Concepción García Pereira, do lugar de San Paio, en Añá, Frades.


Durante a entrega dos premios, convocados pola Consellería do Medio Rural, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, felicitou aos gandeiros polo seu papel como embaixadores da marca Galicia Calidade e por lle dar ao leite galego recoñecemento internacional.




Comments


bottom of page