A Biblioteca Municipal de Ordes permanecerá pechada na noite do 18 ao 19 de decembro debido a un acto vandálico que rompeu a manilla da pechadura electrónica de acceso, informa o Concello, que está traballando para resolver esta situación o antes posible e reparar os danos ocasionados. "A seguridade dos usuarios e usuarias da instalación son de suma importancia polo que non pode permanecer aberta sen ningunha medida de acceso", aclaran, agradecendo a colaboración e paciencia dos usuarios.
top of page
bottom of page
Comments