Desde a Aula de Formación EducaOroso, continúan mellorando e ampliando servizos de formación que faciliten a conciliación laboral e familiar e permitan unha mellora continua na capacitación dixital tan necesaria nestas datas. O catálogo de cursos está dispoñible na plataforma de formación virtual EMA, o Espazo Multimedia de Aprendizaxe da Rede CeMIT. Esta formación permitirá aos cidadáns realizar actividades formativas desde calquera punto con acceso a Internet e complementar a formación impartida na aula. Unha vez finalizada cada actividade formativa darase acceso ao “Cuestionario de avaliación” que debe realizarse de xeito presencial na Aula de Formación EducaOroso.
Para poder realizar os exames presenciais dos cursos de teleformación, e posterior obtención do diploma, é necesario que o alumnado realice todos os scorms ou material didáctico que compoñen a actividade formativa, de tal forma que se lle active no seu espazo persoal a opción “Cuestionario de avaliación”.
O alumno soamente pode realizar unha tentativa por curso, e non poderá repetir a proba para un mesmo curso ata pasados un mínimo de 30 días.
Comments