top of page

Dúas novas mortes por COVID-19 en Ordes, que fará cribado do mércores ao venres



Conforme datos do día de hoxe en poder da comisión municipal de seguimento da COVID-19 en Ordes, na última actualización de datos producíronse dúas mortes por COVID-19 no municipio, elevando o total a 5 dende que comezou a pandemia. Ordes rexistra 31 positivos por COVID-19, con 9 altas nas últimas horas.

O Concello aclara que no seu informe non contabiliza os casos activos de persoas que non son residentes de Ordes na actualidade pero si o foron anteriormente e manteñen adscrición médica no centro de saúde. Ese é o motivo por detrás da non concordancia cos datos que proporciona o Sergas, aclaran.

Actualmente, un 4,57% das PCR que se fan no municipio dan un resultado positivo, contabilizándose nove casos activos por cada 1.000 habitantes.



Cribado

O cribado poboacional entre a poboación do concello levarase a cabo do mércores 3 ao venres 5, en horario de tarde (16-19:30h) no centro de Saúde, pola entrada principal da rúa Ramón Ferreiro. A poboación convocada, entre 31 e 50 anos, foi seleccionada de forma aleatoria. O Concello prega ás persoas citadas asistir ao chamamentopara a toma de mostra, por solidariedade e responsabilidade, co fin de obter a mellor das mostras posibles na poboación do municipio. Piden puntualidade e evitar amorearse na entrada, así como mostrar especial atención ás indicacións do persoal sanitario e voluntariado, que se situarán nos corredores que se crearán debidamente sinalizados para a toma de mostras (4 equipos).


Comments


bottom of page