top of page

Críticas ante o peche da oficina de Abanca no Mesón do Vento



Hoxe pecha a oficina de Abanca de Mesón do Vento, que só manterá o caixeiro automático. Para o BNG de Ordes, "resulta inaudito que o alcalde non conseguise a mediación do goberno galego". Ante o anuncio efectuado polo Concello, onde dan por feito o peche da oficina de Abanca no Mesón do Vento mantendo o servizo de caixeiro automático, o portavoz do BNG de Ordes, Pablo Vidal, manifesta que “resulta inaceptable o peche da oficina, que suporá a perda dun servizo básico para o Mesón do Vento, así como agravará a saturación que padece a oficina da entidade en Ordes”.


Para o portavoz nacionalista Pablo Vidal, resulta “inaudito que o alcalde non conseguise a mediación do goberno galego para evitar o peche da oficina do Mesón do Vento”. Vidal pregúntase “¿onde está a Xunta de Galicia xestionada polo PP que, por un lado, paga aos bancos para instalar caixeiros automáticos onde non hai oficinas, mentres que por outro non evita o peche das que hai abertas”.

Comments


bottom of page