Correos puxo hoxe en circulación o mapa '10 cosas que hacer en el Camino Inglés', orientado aos peregrinos que fan a Ruta Xacobea dende Ferrol e a Coruña e a través de varios puntos da comarca de Ordes ata Santiago de Compostela. O plano presentouse na Oficina Principal de Santiago coa presenza da responsable de El Camino con Correos, Charo Calvo; a xefa de sector de Produtos e Servizos, Marga Señoráns, e o presidente da Asociación de Municipios do Camiño Inglés, Manuel Mirás.
A través dunha ilustración, o plano facilita a orientación nas distintas etapas, así como axuda a identificar lugares de interese turístico e cultural. Na guía inclúense consellos en español e inglés para enriquecer a experiencia do peregrino.
O mapa, gratuíto, pódese conseguir nas oficinas de Correos da ruta: as dúas principais de Ferrol e da Coruña, así como Pontedeume, Betanzos, Ordes, Sigüeiro e na principal de Santiago, na rúa do Franco. Tamén pode descargarse en formato PDF na web que Correos dedica ao Camiño.
Comments