top of page

Convocada unha nova edición do Concurso de Fotografía Dixital "O Camiño Inglés"



A Asociación de Concellos do Camiño Inglés e mais a Asociación de Amigos El Camino Inglés veñen de convocar a segunda edición do Concurso de Fotografía Dixital “O Camiño Inglés”, segundo acaban de anunciar. O obxectivo deste certame é visibilizar e pór en valor os bens desta ruta xacobea, incluíndo o patrimonio, a paisaxe, a gastronomía, a etnografía ou a cultura. Poderán tomarse fotos en calquera punto da ruta, entre Ferrol-A Coruña e Compostela, incluíndo Mesía, Ordes e Oroso, os tres concellos da comarca incluídos na variante.


A participación no concurso é libre, sempre con imaxes orixinais e inéditas relacionadas co Camiño. Débense presentar antes das 23:59h do 12 de setembro de 2022. Cada participante poderá achegar ata tres fotografías en formato dixital ao enderezo info@caminoingles.gal, indicando título, localización da obra (lugar e concello no que foi tomada), nome e apelidos, DNI, domicilio, teléfono de contacto, correo electrónico e perfil de redes sociais.


A votación das mellores imaxes farase a través de reaccións positivas en redes sociais (Facebook e Instagram) da Asociación de Concellos do Camiño Inglés. As catro máis valoradas pasarán a unha segunda fase xunto a outras 18 seleccionadas por un xurado profesional. En total, 22 fotografías serán escollidas para integrar unha exposición que percorrerá os municipios do Camiño.

Finalmente, o xurado escollerá as tres mellores imaxes de acordo con criterios de calidade artística. Os premios serán tres bonos (150, 100 e 50 euros) a canxear en establecementos de aloxamento e restauración do Camiño Inglés incluídos na Rede Stelar de excelencia.

Comments


bottom of page