top of page

Comeza en Ordes a campaña "Móvete Seguro" da Garda Civil e Stop Accidentes



A Garda Civil de Galicia e a asociación sen ánimo de lucro Stop Accidentes presentaron hoxe unha nova campaña, "Móvete Seguro", que ten como obxectivo "a concienciación e a sensibilización dos peóns sobre os riscos na súa mobilidade e a necesidade de facerse ver nos seus desprazamentos. A presentación tivo lugar xunto ao Centro Comarcal de Ordes, e contou coa presencia de Jeanne Picard, presidenta en Galicia da organización estatal Stop Accidentes, ademais de con representantes do sector de tráfico da benemérita.


A campaña continuará ao longo dos meses de novembro e decembro, e porá especial énfase no emprego do chalecto reflector. O uso incorrecto desta prenda, ou a falta del, é un factor que incrementa considerablemente a siniestralidade nas estradas, especialmente nestas datas nas que as horas de luz ao día son menores. Pola contra, lembran dende a Garda Civil, empregalo amplía "a distancia de detección por parte do condutor dun vehículo da presenza dun peón de 20 a 150 metros, incrementando con isto a marxe de reacción". É por isto tamén que "o uso desta prenda é obrigatorio tanto para os peóns, acarreando unha sanción de 80 euros en caso de circular sen ela, como para os condutores, acarreando unha sanción de 200 euros e 3 puntos en caso de baixar do vehículo sen ela posta".


Durante a campaña repartiranse chalecos reflectores de xeito gratuíto aos peóns, unha acción que contou coa colaboración tanto da DGT, que aportou persoal e medios á campaña, como da Xunta de Galicia, que aportou os chalecos.



Comments


bottom of page