O vindeiro 18 de febreiro, ás 20 horas, o Concello de Cerceda e a Axencia Enerxética da Coruña (FAEPAC) organizan un coloquio divulgativo sobre a factura eléctrica para que a veciñanza poida resolver as súas dúbidas en materia de eficiencia enerxética. O evento terá lugar no Auditorio Municipal e contará coa presenza de Xosé Manuel Golpe, técnico da entidade, e Jesús Castro, director da FAEPAC.
Lembran dende o Concello tamén que no municipio existe unha oficina de servizo de asesoramento enerxético no Centro Cívico, con horario de atención de 9 a 14h.
Commenti