A cooperativa rural galega CLUN aproveitou a súa presenza na Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), que celebrou a súa corenta edición, para dar a coñecer os pensos de calidade e os leites maternizados para gando que comercializan dende a cooperativa para o desenvolvemento óptimo da actividade gandeira.
Ademais de explicar as vantaxes destes produtos innovadores, técnicos especialistas da cooperativa aproveitaron a numerosa asistencia rexistrada no stand para presentarlles aos gandeiros e gandeiras os distintos servizos de asesoramento e apoio que CLUN ofrece aos seus socios, para acadar a máxima eficiencia das súas explotacións, mellorar a cadea de valor e aumentar a sustentabilidade da produción láctea.
Comentarios