O Delegado Territoria da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor, clausurou esta mañá o Obradoiro Dual de emprego Brañas do Illó-Río Samo III (2021-2021), que formou durante 9 meses a 20 alumnos que acometeron diversas actuacións forestais nos concellos de Frades, Mesía e Ordes. Esta formación fíxose a través dunha subvención concedida de 483.792.83 euros.
As actuacións no Concello de Ordes incluíron a repoboación forestal na área de esparexemento do parque empresarial de Merelle, o acondicionamento e conservación da parcela P-85 do Parque empresarial de Merelle ou labores de mantemento das Brañas de Pumariño e da finca Trillón en Buscás. Foron en total 29 actuacións.
As especialidades certificadas foron as de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.
Commentaires