Unha quincena de veciños e veciñas de Frades participaron na noite de onte xoves nunha charla informativa sobre as novas tarifas eléctricas, impartida por persoal técnico de Hidroeléctrica Lumymey, que foron presentados polo concelleiro de Cultura, Juan Carlos Portos Bra. Unha iniciativa gratuíta organizada polo Concello de Frades e que tivo lugar no multiúsos de Cimadevila.
Durante a charla, o persoal de Hidroeléctrica Lumyney explicou ás persoas presentes que o pasado mes de xaneiro a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia estableceu a metodoloxía para o cálculo das peaxes de transporte e distribución de electricidade, o que provocará un cambio nas tarifas actuais. Os veciños e veciñas de Frades foron informados sobre as novas tarifas e potencias dispoñibles, así como da desaparición da tarifa nocturna. Unhas novas tarifas que entrarán en vigor o vindeiro 1 de xuño de 2021, segundo estableceu o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Comments