top of page

Cerceda programa unha variada oferta cultural para este verán



O Concello de Cerceda presenta a súa programación cultural para os meses de xuño, xullo e agosto. Teatro, cine e maxia centran a escolma de actividades para público familiar os meses de verán que arrincou o domingo 25 con "Teatro ao cubo". O domingo 9 de xullo, ás 11:00 horas, será a quenda para “Tonto, loco y salvaje”, tamén unha obra de teatro para público familiar que se celebrará no Auditorio Municipal de Cerceda.


En agosto, dúas citas para marcar no calendario. A primeira, o día 9 deste mes, co filme “Los Mitchells contra las máquinas”, ás 22:30 horas no Campo da Feira de Cerceda. O sábado 26, para pechar a programación estival, o Mago Antón estará no Campo da Feira da Silva ás 12:00 horas e no Campo da Feira de Cerceda ás 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00 horas co seu espectáculo “A volta a Galicia en 313 concellos”.


Non é necesario reserva previa para ningún dos espectáculos.

Kommentit


bottom of page