O XXV Rallye da Coruña que se celebra esta fin de semana percorrerá tamén Cerceda. O itinerario do rallye inclúe Cortella, Insuaboa, Currelos, Salgueiras, Ferradura, Gándara, Parada de Arriba e Pumar. O día 29 as pistas permanecerán pechadas entre as 15:45 e as 22:40. A competición pasará pola zona ás 17h e novamente ás 20h.
O Concello lembra a importancia de ter en conta todas as normativas que dende a organización se indiquen e maximizar a precaución "para que sexa unha xornada onde corredores e espectadores poidan gozar do espectáculo sen poñerse en risco".
Commentaires